Inicio arrow Benvidos a Grupo Teleco
Benvidos a Grupo Teleco

 gteleco

Dende a súa fundación no ano 1993, as empresas que conforman o Grupo Teleco, empresas estreitamente arraigadas en Galicia, desenvolvéronse a un ritmo constante, que lles permitiu crecer e diversificarse tanto nas súas áreas de actividade, como no seu ámbito xeográfico de actuación.

Hoxe, o grupo conta cun espazo empresarial de máis de 1.200 metros cadrados útiles que engloba administración, operativos técnicos e almacén, situado en Santiago de Compostela, no Polígono Industrial de Boisaca. (A Coruña).

teleco

  • Os inicios

Nunha pequena oficina da compostelá rúa de Xeral Pardiñas nacía en 1993 a primeira das empresas do Grupo Teleco.
Naqueles primeiros anos a nosa actividade principal estaba centrada na informática: instalabamos e reparabamos equipos, redes locais, programabamos a medida....

Cos inicios da liberación das telecomunicacións (xa se permitía conectar á liña, aparellos que non fosen de Telefónica), o mundo da telefonía pareceunos un sector de futuro e apostamos por el; nesa época instalamos as nosas primeiras centrais telefónicas que por aquel entón eran aínda sistemas analóxicos?aínda que empezabamos a oír falar das liñas RDSI..
pasaron máis de 10 anos desde entón e a nosa aposta polo mundo das novas tecnoloxías, así como a confianza depositada polos nosos clientes permitíronnos chegar a ser unha das empresas punteiras do noso sector.

  • O presente

Hoxe, a tendencia marcada polos avances das novas tecnoloxías demóstranos que a fina liña que dividía a informática da telefonía está condenada a desaparecer. O Grupo Teleco leva anos apostando por esa unión o que nos permite ofrecer solucións integrais con produtos de última xeración.
Sabemos que non todas as empresas son iguais, por iso cada caso é obxecto dun coidadoso estudo para determinar que produto ou sistema é o idóneo para cubrir as súas necesidades.

Invitámoslle a que descubra ao longo desta web todo o que podemos ofrecerlle para que a súa empresa poida desenvolver a súa actividade contando co último en tecnoloxía e a garantía e apoio de produtos de grandes marcas.

 
 
© 2010 Portal Grupo Teleco

Grupo Teleco. Mª de los Ángeles de la Gándara, nº 32, 15890
Pol. Ind. Boisaca. Santiago de Compostela. Galicia.