As empresas non desenrolan a súa actividade de forma illada, senón que o fan dentro dunha rede social que atinxe ós seus clientes e provedores pero tamén a outros estamentos da sociedade. É importante que a empresa estea integrada dentro do tecido social da súa comunidade e colabore co desenrolo do mesmo. Neste documento plasmaranse as liñas de actuación de carácter social das empresas do Grupo Teleco, tanto de carácter interno como externo. As devanditas actuacións estarán consensuadas con tódolos integrantes da empresa xa que, sen unha colaboración de tódalas persoas que a compoñen sería simplemente unha declaración de intencións. A empresa responsabilízase en presentar anual e publicamente, os investimentos en cada unha das liñas de actuación do ano anterior e publicar o presuposto para o actual. Actuacións de carácter interno Conciliación da vida familiar Trocos de horario
A empresa ven de aprobar un plan de modificación dos seus horarios de traballo de xeito que pouco a pouco se adiante o horario de saída pola tarde, co obxectivo de mellora-la calidade de vida dos integrantes da mesma. Ó tratarse de empresas do sector servizos, este cambio non é doado nin pode ser unha decisión unilateral pola nosa parte, pois unha condición básica sempre será o manter un servizo de calidade de cara ós nosos clientes. Por elo, establecemos un plan no tempo para ir variando os horarios de xeito paulatino pero non brusco. O plan de horarios é o seguinte: Ano 2009 Hora de saida: 18:30 h. Ano 2010 Hora de saida: 18:30 h. Ano 2011 Hora de saida: 18:00 h. Ano 2012 Hora de saíia: 17:30 h. Actuacións De Cara a Sociedade Plan: Axuda que te axudo
Destinado a fundacións e asociacións de carácter social e sen ánimo de lucro. A empresa recollerá o material informático usado dos nosos clientes, sen custo para eles, para entregárllelo ás asociacións unha vez reciclado e posto a punto. As asociacións que desexen acollerse a esta axuda haberán de rexistrarse enviando copia dos estatutos da mesma e os datos fiscais de localización e contacto. A empresa comunicará as entradas de material ás asociacións interesadas para que poidan manifestar as súas necesidades. Atinxe a: Ordenadores Servidores Impresoras Monitores Este plan é compatible con calquera outro promovido pola nosa empresa. Plan: Axuda a minusválidos
A instalación e configuración dos equipos vendidos a persoas con minusvalías non se cobrará. Isto inclúe a instalación e configuración de sistemas operativos, o transporte ate o seu domicilio e instalación no mesmo. A persoa deberá acreditar no momento do pedido a súa condición de minusvalía. Este plan non atinxe a familiares ou amigos do mesmo. Plan: Faite ver
Dirixido a Asociacións sociais sen ánimo de lucro, este plan consiste en proporcionar aloxamento de balde para o seu sitio web. As asociacións haberán de rexistrarse, enviando copia dos estatutos da mesma e os datos fiscais de localización e contacto. Este plan é compatible con calquera outro promovido pola nosa empresa. Inclúe: 100 Mb. De espazo en disco 100 Buzóns de correo electrónico Correo web Antivirus e antiespam Plan: Software sin cargo
Dirixido a Asociacións sociais sen ánimo de lucro: serán proporcionadas licenzas das aplicacións desenroladas pola nosa empresa destinadas á xestión das asociacións. Asemade o asesoramento, formación e mantemento da xestión e posibilidades informáticas farase sen custo para a Asociación. Este plan é compatible con calquer outro promovido pola nosa empresa. As asociacións haberán de rexistrarse, enviando copia dos estatutos da mesma e os datos fiscais de localización e contacto. Plan: Somos iguais
Dirixido a empresas de menos de 2 anos de antigüidade e cunha porcentaxe de accionariado feminino igual ou superior ó 50%. Tamén é aplicable a mulleres en réxime de autónomos, rural ou calquera outro similar. A axuda consiste nun desconto dun 20% sobre o prezo da man de obra en calquera dos nosos servizos así como descontos de entre un 5% e un 15% en material (dependendo do tipo do mesmo). No momento do pedido, a empresa ou a interesada deberá manifestar e acreditar a súa situación de recente constitución para poder aplicarlle estas condicións. Plan: Planta a túa árbore
A empresa recollerá sen custo para os clientes, tódolos cartuchos de tinta e tóner esgotados que xeren as mesmas. Os cartuchos que sexan aproveitables, segundo dos requirimentos da empresa recicladora serán enviados á mesma co compromiso de que aporte 1 euro por cada un, para a repoboación da natureza. Este plan faise en colaboración ca Fundación Natura (mais información en www.plantatuarbol.com) |